"A fermosura das cousas existe no espírito de quen as contempla" (David Hume)

Todas as fotos son orixinais do autor deste blog... de momento




23/5/13

RAXÓ (San Gregorio de). Concello de Poio (Pontevedra)










 San Gregorio de Raxó é unha parroquia do concello de Poio, na comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2008 tiña 1.137 habitantes (562 homes e 575 mulleres), 23 máis que no ano anterior.
Con 1.8 km², é a parroquia máis pequena do concello. Conta con once entidades de poboación: A Igrexa, Caneliñas, Espedregada, Lameiriña, Outeiro, Praia, Portería, O Rego, A Serpe, Terradepedra e Valdemós. Dista 8.5 km da capitalía do concello. Debido ó desenvolvemento urbano, o INE, só conta dous núcleos: Raxó vila e Serpe, Raxó, Poio (Serpe)...


16/5/13

ILLA DA TOXA, PARA ILLARSE DO MUNDO
























illa da Toxa é unha pequena illa situada nas Rías Baixas (Ría de Arousa) pertencente ao Concello do Grove e situada a uns 30 km de Pontevedra. Na actualidade boa parte da illa esta enfocada cara ao turismo con distintos complexos hostaleiros, bloques de apartamentos, campo de golf e un casino.

Durante séculos foi utilizada polos veciños do Grove como lugar de pastoreo do seu gando (ao que transportaban en barcas) e tamén para as súas tarefas agrícolas. Pero a raíz do descubrimento no século XIX dos seus lodos termais e augas medicinais pasou a ser de propiedade privada para explotar os seus bens termais, construíndose o antigo balneario que trouxo consigo un aumento espectacular doturismo e o nacemento doutras dotacións.

Trátase dunha das illas máis coñecidas de Galicia debido a ser un centro termal, de lecer e turístico: conta con balnearios, antigas fábricas de xabóns e cosméticos, hoteis de luxo, campo de golf, porto deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, paddle, tiro ao voo, tiro con arco, piscinas, urbanizacións e outros establecementos. Con todo o centro da illa aínda conserva virxe un denso piñeiral. Así a illa está repartida en 32 hectáreas de urbanizacións (a súa parte sur e os flancos orientais e occidentais), 25 hectáreas de campo de golf (toda a súa parte norte) e 25 de piñeiral virxe (no centro da illa).