"A fermosura das cousas existe no espírito de quen as contempla" (David Hume)

Todas as fotos son orixinais do autor deste blog... de momento




24/5/14

O gran frade: medo ou relixioxidade?

Duplicidade
mal/ben
claro/escuro
+/-



23/5/13

RAXÓ (San Gregorio de). Concello de Poio (Pontevedra)










 San Gregorio de Raxó é unha parroquia do concello de Poio, na comarca do Salnés. Segundo o INE, no ano 2008 tiña 1.137 habitantes (562 homes e 575 mulleres), 23 máis que no ano anterior.
Con 1.8 km², é a parroquia máis pequena do concello. Conta con once entidades de poboación: A Igrexa, Caneliñas, Espedregada, Lameiriña, Outeiro, Praia, Portería, O Rego, A Serpe, Terradepedra e Valdemós. Dista 8.5 km da capitalía do concello. Debido ó desenvolvemento urbano, o INE, só conta dous núcleos: Raxó vila e Serpe, Raxó, Poio (Serpe)...


16/5/13

ILLA DA TOXA, PARA ILLARSE DO MUNDO
























illa da Toxa é unha pequena illa situada nas Rías Baixas (Ría de Arousa) pertencente ao Concello do Grove e situada a uns 30 km de Pontevedra. Na actualidade boa parte da illa esta enfocada cara ao turismo con distintos complexos hostaleiros, bloques de apartamentos, campo de golf e un casino.

Durante séculos foi utilizada polos veciños do Grove como lugar de pastoreo do seu gando (ao que transportaban en barcas) e tamén para as súas tarefas agrícolas. Pero a raíz do descubrimento no século XIX dos seus lodos termais e augas medicinais pasou a ser de propiedade privada para explotar os seus bens termais, construíndose o antigo balneario que trouxo consigo un aumento espectacular doturismo e o nacemento doutras dotacións.

Trátase dunha das illas máis coñecidas de Galicia debido a ser un centro termal, de lecer e turístico: conta con balnearios, antigas fábricas de xabóns e cosméticos, hoteis de luxo, campo de golf, porto deportivo, centro de congresos, casino, pistas de tenis, paddle, tiro ao voo, tiro con arco, piscinas, urbanizacións e outros establecementos. Con todo o centro da illa aínda conserva virxe un denso piñeiral. Así a illa está repartida en 32 hectáreas de urbanizacións (a súa parte sur e os flancos orientais e occidentais), 25 hectáreas de campo de golf (toda a súa parte norte) e 25 de piñeiral virxe (no centro da illa).




21/3/13

22/11/12

CARA A FÓRA





"En Galicia non se pide nada. Emígrase."
(Alfonso D. M. Rodríguez CASTELAO -1886-1950)

4/9/12

OURENSE TEN RIQUEZA ATÉ NAS PEDRAS






SERÁ QUE A REGAN 
OS IMNUMERABLES EMPREGADOS 
DALGUNHA INSTITUCIÓN OURENSÁ?

8/8/12

DESAFIUZAMENTO


Sala de estar de moit@s galeg@s



Sr. Feijoó! probe vostede a sentar aquí?
Sr. Feijoó! probe vostede a sentar aquí?
Sr. Feijoó! probe vostede a sentar aquí?
Sr. Feijoó! probe vostede a sentar aquí?

ou
aí detras



1/6/12

AIRE ACONDICIONADO NO SÉCULO XVI ?


Ourense do S. XVI anticipandose aos tempos





EIRONCIÑO DOS CABALEIROS
Dirección: Praza Eironciño dos Cabaleiros.
Acceso: Peonil
Descrición. 
A recoleta praza do Cid, máis coñecida como Eironciño dos cabaleiros (campo dos cabaleiros), que como este nome indica viría ser como o barrio aristocrático de Ourense do cal as sucesivas demolicións apenas deixaron rastro.
Nun lateral unha gran casa con balcón de madeira do século XVI que pertencía aos Armada.  O edificio de dúas plantas e baixo dispón dun pórtico de acceso así como unha balconada corrida en madeira.
A casa lateral, sobre a portada, loce o escudo nobiliario do fundador. As xanelas decóranse con arcos de carpanel que lembran o antigo señorío dos seus propietarios.
Actualmente identifícada como casa de María Andrea, a serventa do cóengo Guntín quen lla cedeu en herdanza polo seu comportamento ante os franceses tras a súa invasión a inicios do século XIX. Foi posteriormente local de sociedades obreiras, escola, e xornais.


http://www.ourense.es/portalOurense/fdes_d4_v1.jsp?tipo=6&codMenuSegundoNivel=37&contenido=2163&codMenu=70&nivel=1400&codMenuPrimerNivel=3&language=es

25/4/12

VIRXILIO: UN REFERENTE IMPRESCINDIBLE DA NOSA CULTURA GALEGA


"Eu non falo; eu pinto", 

dicía sempre que tiña que presentar algunha das súas exposicións.


En silencio... 
Así é como hai que ver esta exposición.

















Ao lonxe a voz do amigo que perdemos
soa ceibe na baruda carballeira
con son honrado das antigas falas.

(X.L. Méndez Ferrín)